Volta ó cole con Casa do Patrón

O Museo Casa do Patrón de Lalín, iniciou a nova campaña de talleres e actividades para esta nova volta ó cole no curso 2016-2017.
Ademáis dos variados obradoiros dos que dispón para todo o curso escolar, Taller de pan, de queixo, cestería, telares, … etc, Casa do Patrón arranca este primer trimestre con dous específicos desta época como son o millo e as castañas.
No taller de Millo os alumnos poderán esfollar as mazarocas á man como se facía antes, debullar os grans das espigas como facían as nosas avoas, peneirar a fariña de miño e amasala para facer un boliño de pan que logo se cocerá no forno de leña tradicional. Así os alumnos poderán probar o sabor do pan de millo e comparar co actual pan que comen tódolos días.
No taller do magosto os alumnos recollerán castañas no souto, prepararánse e farán un magosto para poder saborear unhas ricas castañas asadas todos xuntos.
Casa do Patrón tamén lles propón ademáis da obrigada visita ó Museo de etnografía máis grande de Galicia, un paseo polo Castro de Doade, para ver as estructuras das dúas vivendas atopadas nas recentes excavacións, e pola sala de arqueoloxía, onde se atopan algún dos restos descubertos no Castro.
O Restaurante Casa do Patrón tamén lle ofrece a posibilidade de que os alumnos poidan comer no seu comedor, ubicado dentro da propia exposición do Museo, cun menú adaptado ós escolares e a un precio moi reducido, para que poidan pasar todo o día coas actividades e non teñan que traer a mochila cargada de comida.
Tódolos colexios interesados en participar con nós nestas actividades, ou en calquera outra que o Museo realiza ó largo de todo o ano, pódese poñer en contacto no teléfono 986 69 22 03 ou a través do mail casadopatron@gmail.com. Aproveita una volta ó cole diferente. Reserva xa o teu día.
Categories: Noticias