Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03
0 items - 0,00

Cambio de era en Codeseda, Casa do Patrón

O nacemento de Cristo, ou sexa o ano cero da Era Cristiana parece ser o final do periodo habitado da “Aurela do Castro”, según amosan os restos atopados no Castro de Doade, que datan do século IV antes de Cristo ata o século I despois de Cristo e xa permanecen íntegramente depositados na Casa do Patrón, desde o pasado día 9 de decembro, sendo entregada a correspondente Memoria e Inventario na Dirección Xeral do Patrimonio polo Arqueólogo Director das actuacións arqueolóxicas, Erik Carlsonbrant Fontán o pasado día 29 de decembro.

E para empezar o ano coa nosa intensa actividade habitual, a Casa do Patrón xa comezou a montaxe da sala de exposicións que albergará, tanto os restos da finalizada campaña 2015, como os das actuacións arqueolóxicas previstas para os vindeiros anos, incluída unha importante campaña para este ano 2016.

Será unha sala de arqueoloxía monotemática do Castro de Doade, que contará con vitrinas para expoñer os restos catalogados máis representativos (lembremos que se acharon máis de 3.500 trozos de cerámica, muíños redondos, barquiformes, mans de muíño, alisadores, pesas de teares, palla-barro, carbóns, etc.), que será completada con réplicas dalgunhas pezas, maquetas e láminas explicativas do castro, da escavación e dos hachados, que permitirán unha recreación da vida castrexa, contando ademais cun espazo adicional adicado a almacén para os materiais non siglados, cuia inauguración está prevista, como moi tarde, para mediados de febreiro.Para o mes de maio do presente ano, está prevista unha actuación arqueolóxia de maior calado, coa finalidade de completar a escavación dos espazos habitacionais descubertos e incrementalos na medida do posible.

A expedición terá alomenos 3 semanas de duración, contando xa a día de hoxe coa pre-reserva de 12 estudantes de máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade da USC, dirixidos por un equipo de catroarqueólogos profesionais, baixo a dirección científica do profesor José Manuel Caamaño Gesto, unha auténtica lenda viva da arqueoloxía galega. En función das nosas posibilidades, esta campaña continuará durante dúas semanas máis no mes de xuño, co mesmo equipo de arqueólogos, esta vez apoiado por estudantes de grao de arqueoloxía da USC.

No mes de xullo, procederáse a restauración e consolidación completa das construccións localidadas, por un equipo de restauradores titulados, así como a súa sinalización, para que poidan ser visitadas de inmediato polos milleiros de nenos e maiores que se achegan ao Museo cada ano.

Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia, na que, tanto o propio Castro, como os restos localizados serán custodiados, conservados e promocionados polos propios veciños do lugar, debido a unha iniciativa exclusivamente súa, que, ademais de poder disfrutar deles, terán a posibilidade de mostrarllos no seu lugar de orixe os máis de 12.000 turistas que visitan cada ano a nosa aldea, constituíndo un decisivo aliciente que completará a xa moi relevante oferta etnográfica, cultural, gastronómica, natural e turística da nosa Institución.

Así as cousas, será éste o “ano cero” para Codeseda, Casa do Patrón, tanto por contar agora con materiais anteriores a Era Cristina, como polo xigantesco pulo cultural e turístico que eso representa, que significará un antes e un despois no devenir histórico do lugar e da parroquia, e tamén para todos os que aquí vivimos.

Categories: Noticias