Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03

IX Xornadas Medicina natural en Casa do Patrón

Os pasados días 16 e 17 de abril celebráronse no entorno do Museo Etnográfico Casa do Patrón as IX Xornadas de saúde e medicina natural coa asistencia de mais dun cento de persoas, que participaron activamente nas actividades desenroladas.

O sábado, abordáronse durante todo o día temas tan interesantes como a orixe natural dos antibióticos e da anestesia, pasando pola compoñente espiritual do ioga tibetano, a inflamación crónica, a importancia da flora intestinal na saúde ou o cómo se determina un bo sitio para habitar, rematando cun “camiñar conscente” durante a mañá do domingo, percorrendo a ruta de sendeirismo.

O premio dunha noite de estancia para dúas persoas con dereito a cea-espectáculo e almorzo, por xentileza do Fogar de Breogán de Santiso, recaeu en dona María José Patiño Montero, de Viñoa-Soutolongo…

Ante o éxito de asistencia de xente procedente de toda Galicia, en alza en cada un dos 9 anos de celebración destas Xornadas de medicina natural, para o vindeiro ano, coincidindo co seu décimo aniversario, temos previsto darlle unha nova dimensión, e estamos considerando ademais a posibilidade de celebrar algún taller práctico un sábado do mes de setembro/outono de 2.016, así como unhas rutas de sendeirismo estacionais con periodicidade trimestral, coincidindo coas 4 estacións do ano, cos seus diferentes tipos de flora vexetal.

Ademáis tanto na xornada do sábado coma no domingo moitos dos asistentes puideron disfrutar dun menú tradicional no Restaurante Casa do Patrón, ideado para a ocasión a un precio moi reducido.

Queremos resaltar unha vez mais a completa gratuidade deste servizo público ofertado pola Casa do Patrón no seu ánimo de devolver multiplicada a colaboración prestada a esta Institución por todo o pobo galego.

medicina natural

Categories: Noticias