Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03
0 items - 0,00 

Exposición «As Roupas de Antaño»

Durante os meses de Abril e Maio, o Museo Casa do Patrón ofrecelle unha exposición única: As roupas de antaño.

Mantas, colchas, roupas de traballo, roupas de festa, panos da cabeza, velos,… unha exposición única que fai un percorrido polas vestimentas a través dos diferentes oficios tradicionais para coñecer e recordar a maneira de vestir das xentes para realizar os seus traballos cotiáns. Ademáis desta exposición de As Roupas de Antaño, tamén se poderá ver unha demostración de tecido en telar tradicional, con posibilidade de participar na mesma.

E para o mediodía, previa reserva, unha experiencia gastronómica única, un xantar no Restaurante Casa do Patrón, ubicado dentro do propio entorno museístico, cun menú típico da Galicia interior: Empanada e carne ó caldeiro con cachelos, chourizos e costela de porco. Xa na sobremesa e despois de probar os nosos postres caseiros, propoñémoslle un pequeno paseo ata o Castro de Doade ou ó espazo Biosaudable para visitar a área recreativa e muiños de regueiro.

Esta exposición «As Roupas de Antaño», estará exposta no Museo Casa do Patrón durante os meses de Abril e Maio, en horario de martes a domingo de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Para facer as reservas poden chamar ó 986 69 22 03 ou ven poñerse en contacto a través do mail casadopatron@gmail.com.

Categories: Noticias