Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03

EXCURSIÓN PRIMAVERA

Benqueridos amigos:
ESTAMOS DE VOLTA, PORQUE NUNCA NOS FOMOS!
Prácenos comunicarvos que, a partires do vindeiro luns, día 01 de xuño, abriremos de novo as portas do RESTAURANTE CASA DO PATRON, despois deste obrigado paréntese nas nosas vidas, no que non resultou posible contar coa vosa agradable compañía, iso sí, SEMPRE CON RESERVA PREVIA e cumprindo tódalas medidas sanitarias vixentes, para que esta traxedia xamais se repita.
Recordamos que tamén podedes visitar as 13 salas de exposicións do Museo Casa do Patrón, o Castro de Doade, a Contorna Natural Biosaudable de Entre Ríos, a aldea de Codeseda, ou percorrer a Ruta Homologada de Sendeirismo do Castro de Doade (PR-G210).
Acompañádenos a gozar dunha combinación insuperable: natureza, unha impresionante paisaxe, unha cultura milenaria froito da mestura de infinitas tradicións, unha das mellores cociñas do mundo e a xente más agarimosa que vos podedes imaxinar. Que máis se pode pedir? Axuda a recuperar a cultura, gastronomía e a economía da túa terra e, por unha vez, quédate en Galicia, porque te necesita!
Contamos con vós para pasar unha xornada inesquecible na Casa do Patrón de Codeseda (Lalín), no mesmo corazón da Galicia interior!

Categories: Noticias