Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03

Excursión de primavera en Casa do Patrón

Para esta primavera, queremos ofrecerlle para o seu colectivo ou asociados, unha excursión de un día recorrendo un conxunto Etnográfico, Arqueolóxico, Natural e Gastronómico, único na nosa Comunidade: A CASA DO PATRÓN.

Durante os meses de Abril, Maio e Xuño, Casa do Patrón invítaos a coñecer este conxunto formado por o maior Museo de Etnografía de Galicia, con máis de 4.500 pezas en exposición, recordando ou coñecendo un pouco máis das vivenzas e costumes dos nosos ancestros. Un Museo de Arqueoloxía, formado polo Castro de Doade, recentemente escavado e unha sala monotemática con diferentes restos atopados en dito Castro, así como a visita a nosa Casa Castrexa, réplica exacta da primeira aparecida nas excavacións. Un espazo natural a carón do río Asneiro con área recreativa e muíños de regueiro.
E para rematar a mañá unha experiencia gastronómica no noso Restaurante Tradicional, ubicado dentro da propia exposición museística.
Ofrecémoslles unhas opcións totalmente caseiras, para que fagan o seu propio menú:

Primeiros:
– Potaxe de garbanzos e callos.
– Fabada galega ó estilo Casa do Patrón
– Entremeses con embutidos de Lalín, empanada e sopa de cocido.

Segundos:
– Costela de porco ó forno, asada en tarteira de barro.
– Lacón con grelos, costela e chourizos
– Lomo asado en tarteira de barro ó forno.

Postres caseiros, pan, bebidas e café
Poden facer as súas reservas no teléfono 986 69 22 03.

Categories: Noticias