Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03
0 items - 0,00 
Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

XVI Malla Tradicional en Casa do Patrón

22 agosto, 2015

Como cada ano, Casa do Patrón organiza a Malla Tradicional que xa alcanza a súa 16ª edición. A data escollida para esta nova edición é o 22 de Agosto.
Propoñémoslles pasar un día de festa con nós, con posibilidade de visitar o Museo Casa do Patrón e disfrutar e recordar un dos traballos de antano máis duros: A MALLA.
O día comenzará cunha mostra de artesanía, onde varios artesáns farán demostración en vivo do seu traballo. Seguiremos coa exposición de antigos motores de mallar, así como máquinas e limpiadoras ou aventadoras.
Chegando xa a mediodía terá lugar o acto central da festa, A MALLA TRADICIONAL, que os veciños de Codeseda representaran vestidos de época en tres fases: A malla á pedra, a malla con males e por último con motores, máquinas e aventadoras.
Pero a festa non remata aquí.
Haberá un xantar popular, onde un pulpeiro se encargará de preparar a comida, cun menú típico : empanada e carne ó caldeiro, incluindo pan, bebida, postre e café, todo por tan só 14€ por persoa. O que o desexe tamén poderá encargar a maiores racións de pulpo.
E que máis?
Despois de xantar a 1ª RUADA DA MALLA, coa actuación de grupos de baile, cantareiras, grupos de gaiteiros, … para que todos poidan disfrutar da tarde con música e incluso botar algún baile.
En documento adxunto remitimos o cartel desta edición da MALLA TRADICIONAL que esperamos se animen e veñan pasar un día de festa con nós.
Poden chamarnos para ampliar información ou facer a súas reservas no 986 69 22 03 ou a través do correo casadopatron@gmail.com.
Moitas gracias.

Detalles

Fecha:
22 agosto, 2015

Organizador

Casa do Patrón
Teléfono:
986 69 22 03
Correo electrónico:
info@museocasadopatron.com

Local

Museo Casa do Patrón
Codeseda, Doade
Lalin,
+ Google Map
Teléfono:
986 69 22 03