Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03
0 items - 0,00 
Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

A fía e o tecido do Liño

15 octubre, 2016 @ 16:30

A fía e o tecido do Liño.

Como tódolos anos no mes de outubro, o Museo Casa do Patrón, organiza unha demostración de «a fía e o tecido do liño». A data escollida para a celebración desta demostración será o sábado 15 de outubro, a partires das 16:30 horas.

A xornada comenzará coa preparación do liño na espadela, con demostracións de espadelado en algunhas pezas do propio Museo. Seguirá o restrelado para separar o liño bo da estopa. Toda a xente que queira poderá participar na actividade aprendendo a espadelar ou a restrelar.

Continuará o fiado coa roca e co fuso. As fiadeiras explicarán como facer e a xente poderá tamén participar nesta labor.

Finalmente tocaralle o turno as tecedeiras, facendo a demostración de tecido no tear, ó xeito tradicional.

Esta actividade «a fía e o tecido do liño», que se celebra cada ano no Museo Casa do Patrón, e totalmente gratuita e poderá asistir toda aquela xente que o desexe. Ó tratarse dunha actividade que se realiza pola tarde, Casa do Patrón preparará un menú especial fía no seu Restaurante tradicional, para todas as persoas, previa reserva, que desexen vir antes e quedarse a comer.

O grupo de gaitas Os Trasnos, pandereteiras e cantareiras, pondrán o nota festiva a esta xornada con canción relacionadas coa actividade. Para rematar una boa merenda para os asistentes.

Dende Casa do Patrón invitamos a todas aquelas persoas que o desexen a participar con nós nesta actividade.

a fia e o tecido do liño

Detalles

Fecha:
15 octubre, 2016
Hora:
16:30

Organizador

Casa do Patrón
Teléfono:
986 69 22 03
Correo electrónico:
info@museocasadopatron.com

Local

Auditorio Museo Casa do Patrón