Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03
0 items - 0,00 
Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

A fía do liño en Casa do Patrón

17 octubre, 2015 @ 16:00

A fía do Liño no Museo Casa do PatrónComo tódolos anos no mes de outubro, o Museo Casa do Patrón, organiza unha demostración da fía e tecido do liño. A data escollida para a celebración desta demostración será o sábado 17 de outubro, a partires das 16:00 horas.

A xornada comenzará coa preparación do liño na espadela, con demostracións de espadelado en algunhas pezas do propio Museo. Seguirá o restrelado para separar o liño bo da estopa. Toda a xente que queira poderá participar na actividade aprendendo a espadelar ou a restrelar.

Continuará o fiado coa roca e co fuso. As fiadeiras explicarán como facer e a xente poderá tamén participar nesta labor.

Finalmente tocaralle o turno as tecedeiras, facendo a demostración de tecido no tear, ó xeito tradicional.

Esta actividade da fía e tecido que se celebra cada ano no Museo Casa do Patrón e totalmente gratuita e poderá asistir toda aquela xente que o desexe.

A nota festiva da xornada correrá a cargo de grupo de gaitas e cantareiras.

Dende Casa do Patrón invitamos a todas aquelas persoas que o desexen a participar con nós nesta actividade.

a fia do liño

a fia do liño

A fía do liño

A fía do liño

Detalles

Fecha:
17 octubre, 2015
Hora:
16:00

Organizador

Casa do Patrón
Teléfono:
986 69 22 03
Correo electrónico:
info@museocasadopatron.com

Local

Museo Casa do Patrón
Codeseda, Doade
Lalin,
+ Google Map
Teléfono:
986 69 22 03