Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03

Actividades para colexios en Casa do Patrón

Actividades para colexios curso 2015-2016.

O Museo Casa do Patrón de Lalín, iniciou a nova campaña de talleres e actividades para colexios de toda Galicia para este primer trimestre do curso 2015-2016.

Ademáis dos variados obradoiros dos que dispón para todo o curso escolar, Casa do Patrón arranca este primer trimestre con dous específicos desta época como son o millo e as castañas.

No taller de Millo os alumnos poderán esfollar as mazarocas á man como se facía antes, debullar os grans das espigas como facían as nosas avoas, peneirar a fariña de miño e amasala para facer un boliño de pan que logo se cocerá no forno de leña tradicional. Así os alumnos poderán probar o sabor do pan de millo e comparar co actual pan que comen tódolos días.

No taller do magosto os alumnos recollerán castañas no souto, prepararánse e farán un magosto para poder saborear unhas ricas castañas asadas todos xuntos. Casa do Patrón tamén lles propón ademáis unha actividade para coñecer o mundo do cabalo, en colaboración co club de hípica Juan Oliveira de Lalín, onde os monitores lles farán unha demostración de doma e un paseo pola corda a todos aqueles que queiran montar a cabalo.

O Restaurante Casa do Patrón tamén lle ofrece a posibilidade de que os alumnos poidan comer no seu comedor, ubicado dentro da propia exposición do Museo, cun menú adaptado ós escolares e a un precio moi reducido, para que poidan pasar todo o día coas actividades e non teñan que traer a mochila cargada de comida.

Tódolos colexios interesados en participar con nós nestas actividades, ou en calquera outra que o Museo realiza ó largo de todo o ano, pódese poñer en contacto no teléfono 986 69 22 03 ou a través do mail casadopatron@gmail.com.

Actividades para colexios.

Actividades para colexios

Categories: Noticias