Codeseda, n° 7 Doade
36519 Lalín (Pontevedra)
  +34 986 69 22 03
0 items - 0,00 

A fía do Liño no Museo Casa do Patrón

A fía do liño no Museo Casa do Patrón.

Máis dun centenar de persoas asistiron o pasado sábado 18 de octubre á recreación dunha labor que xa desapareceu no rural galego, A fía do liño.

A tarde comenzou coa demostración do espadelado, golpeando o liño coa espadela para sacarlle os restos de palla. Seguidamente o restrelado, para separar a estopa do liño, e a fía do liño, de xeito tradicional con roca e fuso.

Os asistentes puideron ver todo este proceso e incluso alguén se atreveu a probar a facer fío. Tamén se fixo unha demostración de tecido nun tear tradicional, para poder ver como se elaborabas as telas que logo se cortarían para facer as vestimentas ou roupas de cama como as mantas ou as sábanas. Os máis pequenos tamén se apuntaron a darlle unhas pasadas a lanzadeira.

A música tradicional do grupo de gaitas Os Trasnos de Doade e as cantareiras de Parada e Zobra, puxeron a nota musical a esta xornada festiva, que rematou cunha merenda para todos os asistentes.

A fía do liño               A fía do liño

Categories: Noticias